viernes, 24 de noviembre de 2006

Animaliiiiiñoooosss: Rubia Galega

Pois si señores como non iamos comeza-la nova sección "Animaliiiiiñoooooss" coa Rubia Galega, eh.
E non me refiro á unha estrella jalisia nin a unha señoriña rubia de  Chantada que quite o alento ver pa ela eh juventú, que estades cheos de vicio. Refírome á única, irremplazable, hipersónica e interestelar Vaca Rubia Galega.
mmmmuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuu!!!!

Orixinarias dos aneis de Saturno, emigraron a Vichocuntín cando se lle acabou a herba nos prados. Sonche xente tranquila e de boa conversación, aínda que pouco variada en temas. Aínda que se integraron fácilmente coa poboación local, manteñen as súas propias costumes (non lles justa o caldo .. ¿podedes cree-lo?). Destacan sobre todo en actividades deportivas, obtendo varias medallas de ouro nas categorías de "salto de valado", "escornamento de vellas" e "lanzamento de bosteiras". Entre as súas actividades preferidas están os xogos de azar (en especial o tute), o puenting e a calceta. 

Precisamente aquí vos deixo unha foto de Paquito, que anda buscando contrincantes para unha brisca de 7 os venres á noite (ver).
Iso que leva colgado dice él que é a "saqueta dos cartiños", pero eu por si acaso non doblaría o riñón si se me caíse o as de triunfo.

Aquí vos deixo máis información sobre tan peculiar poboador da nosa terriña:

http://www.acruga.com/index.php?page=RubiaGallega

http://www.feagas.es/asociaciones/vacuno/rubiagallega.htm

Alá.. a monxe-las !!!

P.D.: Abueeeeloo Toneeeechoooo!!! Tarás contento non?? xa che puxen a información que me pidiches da Rubia Galega en intrené carafio. Non te queixes.
Fdo.: Petri





jueves, 23 de noviembre de 2006

Consultorio Labradío: Feiras de gando

Preguntame o pontés rozamontes polas feiras de gando e a min gustame moito que empezemos por aquí. Todos sabemos da falta que fai ter un bo gando na corte, e do moito que o imos precisar no noso traballo, mailos cartiños que ganaremos vendendo o leite ou algun becerro que vaia dando, pero cuidado, porque comprar unha boa vaca ou unha boa xovenca é jodido, hai que mirarla ben e hai que saber onde mirar, e non se lle pode crer moito o tratante, que nunca quere volver cos animales pra casa.

Bueno, primeiramente antes de ir a feira hai que vestirse en condicions, que é domingo carallo, pero tampouco que nos tomen por ser da capital, que che joden co precio, un ten sempre que parecer que sabe, hasta na roupa, xa falaremos desto outro dia con máis tempo. Pero non é solo ir vestido como corresponde, cando chegues á feira igual, andas amodo, miras ben pros animales e de vez en cando soltas un ¡Baixou a frisona! ou ¡Ainda as cobran ben carallo!

O de escoller ben non che é fácil, é como cando escolle-la muller, tes que mirar que a vas ter na casa moito tempo, e ten que ser boa de aturar. Ten que ter unhas boas ubres, que xe vexa que esta ben mantida e que vai poder tirar ben dun carro cheo de patacas. Se non estás certo palpalle un pouco os tetos e pasalle a man por riba para asegurarse.

Unha vez que xa tes dado unhas cantas voltas a feira e visto cal e a que che enche o ollo hai que empeza-lo trato. Daslle a man o tratante, e dislle algo coma esto:
"Boas, ¿Canto val a xovenca?",
i el dixache, "A xovenca vale tanto",
aquí, ainda que non che pareza cara, baixalle o precio, dicindo algo como
“¡Douche tanto e que me leve o demo se che dou máis!” ,
i el solta: "Esta xovenca val mais ca eso"
“¡Pola alma dos meus difuntos que non vale máis!”
e normalmente alguen que esta mirando e o que di “¡Partide a diferencia, ho..!” e bueno, si xa ves que o precio non esta mal soltas un “Bueno...por que o dí este home ¡eh!”
i él dirá ”¡Lévala barata carallo, non te queixes!”
e asi acaba o trato.

O millor é que collas algo de pratica ho, para que non che tomen por inorante porque a primeira vez non é fácil sacar un bo precio, e tes moitas feiras as que podes ir ver. Hai unha boa en Silleda, e tamen en Noia, Santa Comba ou Verín. Pero a que che recomendo e unha que se vai facer o día 10 do mes que ven en Monterroso, unha Poxa de Xovencas Frisonas que ten moi boa pinta. Eu penso estar alí, se che vexo xa lle comeremos un pulpiño. Hasta logo ou.

Buenos días a las personas, e as non personas tambien

Bueno, primeiro de todo que sepades que eu son un labrego de todala vida de nuestro señor, asi que non che estou moi afeito a estas indorminas de interne, pero pra aprender sempre hai tempo como di o meu neto.
O carallo e que agora mesmo andoche emigrado na capital e botoche moito en falta as miñas navizas, o meu millo, as miñas vaquiñas, o meu cadelo ... e hasta tamen os veciños. E non e que aqui o sitio sea malo nin haia mala xente, pero sonche menos de sacho e aparte o terreno esta caro pra sementar, asi que xa verei como me arreglo.
O que queremos facer con este blog (dixome meu neto que se poñia asi) e aprenderlle a xuventude o que nos levamos facendo moitos anos: traballa-la terra e ciuda-lo gando. Aqui contestaremo-las preguntas que vos teñades e tamen aconsellaremos boas sementes, as mellores vacas leiteiras, que facer cos veciños que che tocan o carallo e todo o que podamos.
Temo-la idea de que a moitos de vos gustavos o mundo do campo, pero tedeslle algo de medo o sacho ou o cavaduiro, e tampouco vos gusta como cheira o esterco ou meterlle a man no teto a unha boa frisona, pero facedeme caso e lede esto de vez en cando, xa veredes como en pouco tempo estades sacandolle os primeiros caldeiros de leite a vosa Marela ou facerdo unhas boas filloas de sangre. Hasta logo.

miércoles, 22 de noviembre de 2006

Bembidos todos !!!

Hola, hola, hola.
¿Como estan usteeeeedeeeeeeeeeeeeesssssssssss?
Bieeeennnnnnnnnn!!!

Así me justa oh, que se oiga en Noia ese "Bieeennnn". Pois aquí estamos, por fin no blog superestelar e irrepetible de Sr JJ, agora coñecido aquí por Sr. Tonecho ;-P

O primeiro agradecer ós participantes da votación polo tema do nome a súa colaboración. Finalmente foi Mimadriña !!

Ós que non participaron.. a raña-lo cú.. por ahí.. que che hai moito toxo que rozar. Que non oh, que non.. que non pasa nada, que non volo teremos en conta (je,je, pero mirade sempre atrás nos calexóns oscuros..., igual topades 20 pesos no chan ¡¡ hai carafio, que xa temo-lo euro !!).

En serio, a todos gracias.

Non temos nin idea de que é o que imos poñer aquí, pero a verdade é que tampouco nos preocupa demasiado. Xa se irá vendo. En calquer caso, o tema central será o labradío e o absurdo incontrolado, xa veremos. Bueno, ademáis de algunha desplicación intelentoal do Sr. Tonecho, que ese home eche coma un libro abrido eh !!

Bicos.