Bueno, primeiro de todo que sepades que eu son un labrego de todala vida de nuestro señor, asi que non che estou moi afeito a estas indorminas de interne, pero pra aprender sempre hai tempo como di o meu neto.
O carallo e que agora mesmo andoche emigrado na capital e botoche moito en falta as miñas navizas, o meu millo, as miñas vaquiñas, o meu cadelo ... e hasta tamen os veciños. E non e que aqui o sitio sea malo nin haia mala xente, pero sonche menos de sacho e aparte o terreno esta caro pra sementar, asi que xa verei como me arreglo.
O que queremos facer con este blog (dixome meu neto que se poñia asi) e aprenderlle a xuventude o que nos levamos facendo moitos anos: traballa-la terra e ciuda-lo gando. Aqui contestaremo-las preguntas que vos teñades e tamen aconsellaremos boas sementes, as mellores vacas leiteiras, que facer cos veciños que che tocan o carallo e todo o que podamos.
Temo-la idea de que a moitos de vos gustavos o mundo do campo, pero tedeslle algo de medo o sacho ou o cavaduiro, e tampouco vos gusta como cheira o esterco ou meterlle a man no teto a unha boa frisona, pero facedeme caso e lede esto de vez en cando, xa veredes como en pouco tempo estades sacandolle os primeiros caldeiros de leite a vosa Marela ou facerdo unhas boas filloas de sangre. Hasta logo.
jueves, 23 de noviembre de 2006
Suscribirse a:
Comentarios de la entrada (Atom)

1 comentario:
Eu o que sempre quixen saber era como facían antes para aralas terras con esas bestas rabudas que non facían caso. Vostede como persoa culta no terreno seguro que me podía ilustrar.
Creo que na casa esta de 1906 daban algún cursillo. Agora cos tractorillos estos (maxi fergusón, creo que se chamaban) faise nun vira vira.
Publicar un comentario